|
Esta é a páxina de Bandeira de axenda, na que pretendemos manter informado do que acontece no pobo.


ANO 2008


- -5 de Xullo 2008: Festa de San Cristobo. Misa solemne, procesión con bendición de vehículos as 13.00, degustación de mexillóns as 14:00, Comida de camioneiros, Festival de Xirandola as 19:00 e a noite verbena.
- -22 de xuño 2008: EXCURSIÓN Ó VAL MIÑOR
ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE DE BANDEIRA. Saída de Bandeira ás 8 da mañá, puntuales.
Parada na area de servicio de San Simón
Visita a Baiona (Parador, Virxe da Roca...)
A continuación percorrido pola costa para chegar Á Guardia con visitas ó Monte de Santa Tecla co seu museo arqueolóxico e poboado castrexo celta.
Comida no Restaurante “O Castillo”
Pola tarde visita á Catedral-Fortaleza de Tui.
Seguidamente pasaremos a Valença para poder mercar nas súas tendas.
Regreso a Bandeira aproximadamente ás 10 da noite.
PRECIO : 25´00 € Socios – 30´00 € non socios (Este precio inclue o autobús e comida). Dito importe entregarase no momento da inscrición. NOTA : O prazo para anotarse comenza o xoves 29 de Maio e remata o 16 de Xuño. As prazas do autobús coincidirán co orden de inscrición. Para anotarse, nas oficinas da Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira TFNO. DE CONTACTO: 986 58 55 50 ORGANIZA: Asociación Cultural Vista Alegre
- 7 de xuño 2008: IX ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL no Mosteiro de Carboeiro. VER CARTEL. Acampada á beira do río Deza: tlf. información: 658628239.
Para ver o programa pincha eiquí.
- SEMANA CULTURAL 2008
MÉRCORES 28 DE MAIO
20´00 h. Conferencia: “Alimentos transxénicos, repercusión na nosa alimentación” Dna. Judit Sing (Rpte. Amigos da Terra)
XOVES 29 DE MAIO
17´00 h. Charla-Coloquio: Dna. Fina Casalderrey: Autora de literatura infantil
20´30 h. Cine: “Flor de Santidad” Película rodada na vila de Bandeira no ano 1.972 e na que interveñen moitos veciños deste pobo
VENRES 30 DE MAIO
21´00 h. Obra de Tiatro: “Vostede ten ollos de muller fatal” Interpretada polo grupo de tiatro do I.E.S. Pintor Colmeiro de Silleda Entrada: 1 €
EXPOSICIÓNS PERMANENTES :
Pintura, Bolillos, Mobles Antigos . Esta exposición estará composta por materiales e elementos elaborados nos distintos cursiños que esta Asociación está a realizar ó longo do ano, e poderá ser visitada durante estes días.
- 17 e 18 de maio: EXCURSIÓN A FÁTIMA
PROGRAMA : 17 DE MAIO : Saída dirección Portugal, con breves paradas no camiño. Visita a varias vilas . Chegada ó hotel para a acomodación e aloxamento. 18 DE MAIO : Desaiuno e mañá libre en Fátima para paseos, visitas ó santuario, asistir a misa,... almorzo no hotel. Pola tarde saída acia Bandeira, con pequenas paradas no camiño. O programa da viaxe poderá variar.
PRECIO : 85 € Socios / 100 € Non socios
O PRECIO INCLUE: -Autocar gran turismo durante todo o percorrido, -1 noite en hotel*** en Fátima, -pensión completa, -almorzo extra no hotel, -bebidas incluidas (auga e viño) en comidas e ceas, -seguro de asistencia e viaxe.
NOTA: O Prazo de inscrición comeza o 6 de Maio e remata o 12 de Maio. As prazas do autobús corresponderán coa orde de inscrición. O pago da excursión farase en dous prazos, o 1º de 50 € no momento da inscrición e o 2º de 35 € (50 €) o día 12 de Maio, remate da inscrición.
- 16 de maio de 2008 ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE DE BANDEIRA
HORA: 20´00 h. (Primeira convocatoria); 20´30 h. (Segunda convocatoria)
LUGAR: Centro Cultural Vista Alegre
ORDE DO DÍA: - Lectura da acta anterior. Memoria de actividades realizadas no ano 2007 Estado de contas Rogos e preguntas Dimisión da actual Xunta Directiva Elección de nova Xunta Directiva
NOTA : Queda aberto o prazo para a presentación de candidaturas ata o día 15 de Maio ás 20 horas. Estas serán entregadas en sobre pechado nas oficinas do Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira.
- 11 de maio, 17 horas da tarde: III CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS MANUEL DOPAZO no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira
ORGANIZA : Asociación Cultural Vista Alegre; COLABORAN : CONCELLO DE SILLEDA (Concellería de Cultura); MIBASA; EXPLOTACIÓN MINERA DE CAMPOMARZO;U.T.E. DOCARBO; CAIXANOVA;PANDERETEIRAS DE XIRANDOLA
- 30 de abril 2008: FESTA DA XUVENTUDE. Organiza asocición de amigos da empanada de Bandeira. As 22.30 horas verbena amenizada por Nueva Moda, Orquesta Aché e Grupo Alcotan
- 29 de xaneiro de 2008: Próximas actividades na casa da cultura
20 de marzo de 2008: próximas actividades na casa cultural.
-
19 de marzo: IV festival de grupos de metais de Galicia. Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira as 19:00: Grupos de metais de Merza, Catoira, Teo, Pontedeum e Bandeira
- Seman do 24 ao 28 de marzo: curso de coicña na casa de cultura.
- 19 de marzo: IV festival de grupos de metais de Galicia. Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira as 19:00: Grupos de metais de Merza, Catoira, Teo, Pontedeum e Bandeira.
- 18 e 19 de marzo: Circo Roma en Bandeira, no recinto feiral
- 16 de marzo: Azaloira, festival de baile tradicional galego
- Venres 22 de febreiro: Concerto do grupo LEDICIA as 21:30h. O grupo Ledicia é o único estable que interpreta cantigas infantís propias en língua galega. Está formado por nenas e nenos do colexio Manuel Masdías de Caranza en Ferrol. Entrada de balde
- 19 de febreiro de 2008 Teatro en Bandeira: "No quieres la vida"
- 2 de febreiro entroido en Bandeira: Pasarrúas a partir das 16.30, despoís Alto dos Xerais na praze do entroido e as 22.30 baile no pavillón polideportivo
- 03/02/2008 Fotos do antroido 2008
- Video dos carnavais 2008
- 29 de xaneiro de 2008: Próximas actividades na casa da cultura
- 11 de Xaneiro de 2008 Estimado-a socio-a, como ven sendo habitual tódolos anos, queremos convocarvos para tratar nesta reunión, os temas pendentes da última edición da nosa Festa da Empanada, así como as actividades realizadas e o balance económico. Polo tanto convocámosvos á: ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN “AMIGOS DA EMPANADA”


ANO 2007


- 29 de decembro de 2007: Gala de Xirandola
- Actividades para Nadal en Bandeira
- Fotos e videos do 25 aniversario da banda de música de Bandeira
- Algunha das fotos da festa 2007
- 07/07/2007: FOTOS da Festa de San Cristobal en Bandeira; 20 anos de Xirandola e 21 edición do festival
- Carmen Cochón foi a gañadora do concurso da foto mais divertida no que gañou unha camiseta das festas e 10 consumicións nos bares de Bandeira durante as festas. Consulta o foro. Alí están as bases e as fotos.
- Festas de verán en Bandeira: 16, 17, 18 e 19 de agosto
* 16 de agosto: Bandeirock
* 17 de agosto: Esmorga Folk
* 18 de agosto: Festa da empanada
- GRAN CONCURSO da foto mais divertida co que poderás gañar camisetas das festas e consumicións nos bares de Bandeira durante as festas. Consulta o foro. Alí
están as bases e as fotos.
- 07/07/2007: FOTOS da Festa de San Cristobal en Bandeira; 20 anos de Xirandola e 21 edición do festival
- 23/06/2007: Gran Sardiñada en San Xoan con salto á cacharela
- Exposición de pintura na casa da cultura: do 15 ao 30 de xuño de 2007
- Exposición de fotos Antigas. Estará ata final de ano. Podedes contribuir falando con Alfredo na casa da cultura
- O día 2 de xuño celébranse os VIII de Música Tradicional en Carboeiro
- Semana cultural: Inauguración o 11 de maio do 2007 dun mural da Fervenza da Toxa
- Viaxe a Salamanca e Madrid o 5 e 6 de maio de 2007
- 2º Certame de Gaiteiros Solistas MANUEL DOPAZO en Bandeira o 13 de Maio de 2007
Bases do certame
- Festival de Azaloira o 1 de Abril de 2007
- Semana gastronomica e asamblea xeral
- Fotos do Entroido 2007 na Bandeira
- Cursiño de baile


ANO 2006


- Quedaban poucos carballos no parque da feira. Dende onte hai formigón. Os parques non teñen que ser de
formigón. CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DOS CARBALLOS DE BANDEIRA: SÁBADO 16 DE DECEMBRO AS 20:00 HORAS NO PARQUE
- O 1 de xullo festa de San Cristobo, con procesión de coches e camións como de costume

ANO 2005



ANO 2004


- Festas de veran en Bandeira o 19,20,21 e 22 de agosto. A festa da empanada o sábado 23 de agosto
- Festa en Manduas o 16 de xuño co pregón de "Paco mi vida", as 22.00 cea no pavillón e verbena a cargo da Banda Artística da Merza e a orquesta Odisea


ANO 2003

- Celebrouse o día 18 de maio o "VI Festival Infantil de Baile Tradicional" as 6 da tarde no Pabellón de Deportes de Bandeira ca participación dos grupos: Grupo de Baile Tradicional Foula de Ourense, Liceo de Noia, Colexiata do Sar de Santiago e Xirandola.
- Festas en Lamela o sábado 9 e 10 de Maio. O sábado 9 celébrese a VI FESTA DA CACHEIRA
- Celébrase o 13 de Abril en Bandeira a III festival folclórico AZALOIRA, cos millores grupos da actualidade
- Celébrase o 15 de Marzo en Piñeiro a I festa da carne o caldeiro 2003. Consulta as fotos na páxina de Piñeiro dentro de Bandeira.org


ANO 2002

- O día 23 e 24 de Marzo de 2002 celébrase o 1º descenso de carrilanas "Festa da Empanada"
-
-
-
O día 9 de febreiro de 2002 celébrase as 5 da tarde o tradicional entroido de Bandeira co desfile
de disfraces polas rúas de Bandeira e có seu xa famoso "ALTO DOS XERAIS" na praza da feira.
Haberá premios:
- Para as millores charangas: 200 €uros e 120€uros.
- Para os millores disfraces de grupos: 150 €uros, 120 €uros e 90€uros.
- Para o millor disfraz individual: 60 €uros.
- Tamén haberá 5 premios sorpresa de 30 €uros
Pola noite actuarán no pavillón polideportivo: "Punto Cero" e "Carmen e Pachi"
A PASALO BEN
- O DIA 2 DE DECEMBRO DE 2001 ORGANÍZASE A II FESTA DA CACHEIRA CON ESTE PROGRAMA:
As 11 da mañá no campo da feira comenzará a festa con
Charanga DR. ANCHOA e Grupo de gaitas DAQUELA MANEIRA.
Haberá un cocido as 2.30 da tarde, e sortearase un porco co vale do cocido.
PRÉGASE VIR VESTIDO CON ROUPA AXEITADA PARA A OCASIÓN
|