Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Bandeira como páxina de inicio

  

 

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE DE BANDEIRA

· SEMANA GASTRONÓMICA (Do 13 ó 17 de Abril)

Este ano,como primicia, estará adicada á cociña das distintas autonomías españolas .

O horario será a partires das 20´30 h. da tarde, de luns a venres.

· CURSIÑO DE VAINICAS (Concedido pola Exma. Deputación P. de Pontevedra)

Data de inicio : 21 de Abril.

Días e horarios : Martes de 20 h. a 22 h. da noite

Prazo de Inscrición : Ata o 13 de Abril.

Número de prazas : 20 mulleres, polo que sólo serán admitidas as 20 primeiras inscritas.

Dirixido a mulleres. O Cursiño é totalmente gratuito (menos o material)

· ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

DATA : Venres 24 de Abril de 2009

HORA : 20´00 h en primeira convocatoria e 20´30 h. en segunda convocatoria

LUGAR : Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira

ORDE DO DÍA :

· Lectura e aprobación da acta anterior, si procede.

· Lectura da memoria de actividades realizadas no ano 2008

· Estado económico da Asociación

· Cambios na Xunta Directiva

· Rogos e preguntas

· Entrega de diplomas de varios cursiños.