Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  " target="_top">Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Bandeira como páxina de inicio

  

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN CULTURAL

 

VISTA ALEGRE DE BANDEIRA

 

 

 

  • 22 DE DECEMBRO:  “ACTO DE AGRADECEMENTO E PRESENTACIÓN DO MATERIAL CONCEDIDO POLA CONSELLERÍA DE CULTURA”

Contaremos coa presenza de Dn. Luis Bará Torres (Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura) e Dna. Marta Souto (Delegada da Consellería de Cultura en Pontevedra) así como autoridades municipales.

Este acto terá lugar a partires das 7 h. da tarde.

Para animar este día, contaremos coa actuación do Contacontos “Celso Fernández” (Subvencionado pola Consellería de Cultura) e o dúo de Música Tradicional de Gaita e Violín.

Este día tamén temos reservada unha gran sorpresa para todos-as  nenos-as da vila e arredores.

 

  • VISITA DE PAPÁ NOEL ÓS FOGARES (24 de Decembro)

Para que Papá Noel visite o teu fogar o día 24 de Nadal, e lles faga entrega dos agasallos ós teus fillos, deberás anotarte no Teléfono 986 58 55 50 (de 16 a 22 h). O remate do prazo de inscrición finaliza o Venres 22 de Nadal.

 

 

  • FESTA DE PAPÁ NOEL (25 de Decembro) Coa colaboración do Concello de Silleda

Como en anos anteriores, Papá Noel visitará de novo o pobo de Bandeira. Este ano, comezará cun desfile nunha maxestuosa Carroza que a partires das 5´30 h. da tarde,  sairá do Campo de Fútbol e percorrerá as rúas de Bandeira para chegar ó Centro Cultural donde recibirá ós máis pequenos e faralle entrega dun agasallo. Contaremos coa participación de animadores infantiles que farán as delicias dos máis pequenos. Para rematares, tódolos asistentes disfrutarán dunha merenda.

 

 

  • OBRADOIROS PARA NENOS

26 de Decembro                    Obradoiro de adornos de Nadal

27 de Decembro                    Obradoiro de Xoguetes de Refugallo

28 de Decembro                    Obradoiro de Ligue

29 de Decembro                    Batuka

Celebraranse no Centro Cultural dende as 5 ata as 6´30 da tarde (Patrocinados polo Concello de Silleda)

Para participar nestes Obradoiros deberedes de anotarvos no Centro Cultural

03 de Xaneiro de 2007            Obradoiro de árbores atrapadoras de contos  e contos do carballo con botas (Por Anxo Moure)

Horarios: de 17 h. a 18.30 h. e de 19 h. a 20.30 h. (Promovido  pola Consellería de Cultura)

 

 

  • CINE INFANTIL

Ó longo das vacacións de Nadal, e en días que serán anunciados, proxectaranse os últimos estreos en DVD correspondentes a películas infantiles en pantalla Xigante e Son de cine.

 

 

  • CURSIÑO DE BAILES  (Salsa Cubana, Reguetón, Merengue)

Queda aberto o prazo de inscrición para este cursiño de baile que comezará no mes de Xaneiro. O prazo para anotarse remata o vindeiro 30 de Decembro. Os días de clase serán os Venres a partires das 8 da tarde.