Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Bandeira como páxina de inicio

  

Aproveitamos estas datas de Nadal para felicitarche as festas e ó mesmo tempo informarche das actividades que a Asociación Cultural Vista Alegre vai realizar en colaboración co Concello de Silleda.

 

  • CURSIÑO DE RESTAURACIÓN DE MOBLES ANTIGOS

 

Concedido pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, este cursiño vai dirixido a todas aquelas mulleres que estén interesadas en aprender as técnicas de restauración de mobles. O comenzo deste cursiño, está previsto para o martes 11 de Decembro, e será totalmente gratuito.

DÍAS DE CLASE: Martes e Venres

HORARIO: de 18 h. a 21 h.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o venres 7 de Decembro.

 

  • DEMOSTRACIÓN GASTRONÓMICA (Elaboración de menús Navideños)

Se queres deleitar ós teus comensales con exquisitos manxares propios destas datas, recorda que tes que asistir os días 20 e 21 de Decembro a partires  das 20 horas a este suculento cursiño. Participan: Juan Moure (restaurador de Santiago) e Restaurante Pazo de Adrán (Santiago).

 

  • VISITA DE PAPÁ NOEL ÓS FOGARES (24 de Decembro)

Para que Papá Noel visite o teu fogar o día 24 de Nadal, e lle faga entrega dos agasallos ós teus fillos, deberás anotarte no Teléfono 986 58 55 50 (de 16 a 22 h). O prazo de inscrición finaliza o Venres 21 de Nadal.

 

  • FESTA DE PAPÁ NOEL (25 de Decembro)

Como nos ten acostumados, Papá Noel visitará de novo a vila de Bandeira. Este ano, comezará cun desfile nunha maxestuosa Carroza que a partires das 5´30 h. da tarde,  sairá do Auditorio Manuel Dopazo e percorrerá as rúas de Bandeira para logo chegar ó Centro Cultural donde recibirá ós máis pequenos e faralles entrega dun agasallo. Contaremos coa participación de animadoras infantiles que farán as delicias dos máis pequenos. Para rematares, tódolos asistentes disfrutarán dunha grandiosa merenda.

 

  • TALLERES PARA NENOS

O 27 e 29 de Decembro, a partires das 5´30 h. da tarde, tódol@s nen@s que queiran participar neste divertido taller, deberán presentarse no Centro Cultural con ganas de divertirse.

  • CINE INFANTIL

O 2 e 3 de Xaneiro, a partires das 5´30 h. da tarde proxectaranse os últimos estreos en DVD correspondentes a películas infantiles en pantalla Xigante e Son de cine.

 

            Esperando contar coa vosa presencia, en especial a dos nenos,  en todos estes actos, toda a Xunta Directiva da Asociación Cultural, quere desexarvos un FELIZ NADAL, e un vindeiro ano cheo de boas novas.