Inicio  |  Fotos   |  Noticias  | Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Como páxina de inicio

   

BANDEIRA

Situación

Historia

Festas

Turismo

Fotos

COMARCA

XENTE E GRUPOS

AXENDA

VARIOS

 

Festas de Bandeira

 

Bandeira ten diversas festas ó longo do ano, así como unhas FEIRAS os días 14 e 29 de cada mes (estas últimas, ó contrario que as festas, fai unhos anos véñense a menos). Dentre elas, destaca a FESTA DA EMPANADA que está declarada de interés turístico e vense celebrendo dende o ano 1974, así como o festival de música celta ESMORGA FOLK.

Tamén está o ENTROIDO co singular "Alto dos Xerais", característico de toda a zona do Ulla, onde dous exércitos (un do pobo e outro de fóra) loitan verbalmaente pola plaza militar.

Tambien existe na festa do verán o ENCERRO DAS VAQUILLAS, ca correspondente comida das vaquillas na que todolos xóvenes e non tan xóvenes participan.

Celebra o pobo, e en especial os camioneiros, a festa de SAN CRISTOBO no primeiro fin de semán de Xullo. Bendícense os coches e camións despois da misa nunha procesión,  un xantar e unha verbena.

En Xaneiro celébrase en Manduas a festa en honor a San Tirso.

No último fin de semana de maio celébrase cada 4 anos unha XUNTANAZA de toda a xente que tivo algo que ver con Bandeira e a súas xentes. Nela hai unha comida e a noite unha verbena. A primeira celebrouse no ano 2006.

Así temos:

 

 

 

 

 

Camilo José Cela na festa da empanada de Bandeira

Entroido a primeiros de século

 

 

Alto dos xerais nos anos 70

 

Visitaron esta páxina dende o 29/11/03