Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Bandeira como páxina de inicio

  

 

Bandeira a 30 de Setembro de 2008

Apreciado-a socio-a, un ano mais, ainda que cun pouco de retraso, estamos a traballar na organización de actividades e cursiños que imos por en marcha de seguido, e dos cales pasamos a informarche:

· CURSIÑO DE AERÓBIC ( Concello de Silleda)

· CURSIÑO DE CALCETA

· CURSIÑO DE BOLILLOS

· XIMNASIA TERAPEUTICA ( Concello de Silleda)

· CURSIÑO DE PINTURA ( Concello de Silleda)

· BAILES DE SALÓN ( Concello de Silleda)

· PANDEIRETA PARA ADULTOS

· CLASES DE BREAK-DANCE ( Concello de Silleda)

· CLASES DE ARTE FLORAL ( Concello de Silleda)

· EXCURSIÓN Á COSTA DA MORTE (19 de Outubro)

Percorrido aproximado: Saída de Bandeira ás 8´30 h. da mañá, Ferrol, Valdoviño, San Andrés de Teixido, visita ós acantilados de Herveira (os máis grandes de Europa), Cedeira (donde se xantará), Betanzos, Pontedeume, Bandeira. Este percorrido poderá variar según as necesidades de tempo.

O prazo para anotarse comenza o 6 de Outubro e remata o 15 de Outubro .

A orden de inscrición coincidirá co número de asiento no autobús.

Precio : 20 € socios / 25 € non socios (Serán abonados no momento da inscrición)

O precio inclue : Autocar e comida.

Os cursiños comezarán a partires do 13 Outubro, polo que o prazo de inscrición remata o vindeiro 9 de Outubro . Pregamosvos que vos anotedes para sabe-lo número de alumnos-as que van participar nestes cursiños xa que se non hai un número suficiente de participantes, pospoñerase para máis adiante. Podedelo facer nas oficinas do Centro Cultural, ou ben chamando ó número de teléfono 986 58 55 50 (Polas tardes), donde se vos facilitará maís información.

Á espera de contar coa vosa participación, recibide un forte abrazo.

A Presidenta

Asdo: Dolores Sangiao Cacheiro