Bandeira a 6 de Setembro de 2003

 

 

     Apreciado-a amigo-a, como ven sendo habitual, un ano máis, a Escola de Música da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira, abre as súas portas  a un novo Curso Musical.

 

     Este ano imos imparti-las seguintes especialidades:

 

·        Solfeo

·        Solfeo Infantil

·        Frauta

·        Clarinete

·        Saxo

·        Trompeta

·        Metal (Tuba, Bombardino, Trombón, Trompa, ...)

·        Percusión

 

     Como sempre, estas clases serán impartidas por profesorado cualificado.

 

     O Curso comezará a principios do mes de Outubro e rematará a finais de Xuño do vindeiro ano. Dende agora está aberto o prazo de matrícula para que poidas anotarte.

 

     Para calquera información podes chamar ó nº de teléfono 986 58 55 50 de 16 a 22 h. e para matricularte, podes facelo nas oficinas do Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira no mesmo horario.

 

     Á espera de poder seguir contando coa túa presencia neste novo Curso, recibe unha forte aperta. Un saúdo.

 

 

O Representante

 

 

 

 

Asdo: Alfredo López Mosquera