Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Bandeira como páxina de inicio

  

 

NOTA DE PRENSA

Estas son as actividades que a Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira, en colaboración co Concello de Silleda, vai organizar en datas vindeiras.

· ANTROIDO INFANTIL

Como xa ven sendo habitual nesta Asociación, o luns de Antroido (4 de Febreiro), a partires das 17 h. celebraremos esta festa para os máis pequenos. Tódolos participantes deberán vir disfrazados para pasar unha tarde inesquecible.

Haberá baile, xogos participativos con animadores, e para remata-la tarde, unha gran merenda.

· CURSIÑO DE BAILES ORIENTALES

Concretamente, este cursiño será adicado á “Danza do Vientre”. Nel realizaranse exercicios para adquirir unha gran mobilidade corporal.

Data de Inicio : Venres 15 de Febreiro

Horario : de 19 h. a 20 h.

Precio por persoa : 10 €

· CURSIÑO DE BAILES DE SALÓN

Ó igual que en anos anteriores, realizaremos este cursiño para mellorar as nosas técnicas de baile. Os tipos de bailes que se impartirán, serán elexidos entre profesores e alumnos.

Data de Inicio : Venres 15 de Febreiro

Horario : de 20´30 h. a 22 h.

Precio por persoa : 10 €

NOTA : O prazo de inscrición para estes dous cursiños, remata o 12 de Febreiro de 2008. Podedes facelo nas oficinas do Centro Cultural Vista Alegre ou ben chamando ó nº de teléfono 986 58 55 50 (de 16 a 22 h.)

Tamén vos informamos de que os socios que non teñan o libro que esta Asociación publicou o pasado ano, poden pasar polo Centro a recollelo. Asimesmo puxemos á venda unhas bufandas e paraugas para recaudar fondos para esta Asociación, todo aquel que queira colaborar poderá adquirilos no Centro Cultural a 6 € o paraugas e 7 € a bufanda (se levas bufanda e paraugas, 12 €).