Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  " target="_top">Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Bandeira como páxina de inicio

  

75 ANIVERSARIO EDIFICIO CENTRO CULTURAL VISTA ALEGRE

 

PROGRAMA

 

DATA: Sábado 17 de Decembro de 2005

HORA: 21 h.

LUGAR: Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira

ACTIVIDADE: Estreo en Galicia pola Compañía TRAKATAP

ESPECTÁCULO POLIVALENTE DE  CLAQUÉ, MÚSICA,  LUZ NEGRA  E HUMOR, coa actuación estelar de Roser Font (Campiona do mundo de claqué)

ENTRADA GRATUITA

 

DATA: Domingo 18 de Decembro de 2005

HORA COMENZO: 18 h

LUGAR: Centro Cultural Vista Alegre

        Apertura do acto co descubremento dunha placa conmemorativa

·       Presentación de autoridades e introducción na historia do Edificio

·       Intervención, das personalidades que presidirán o acto (Sr. Presidente Deputación, Sr. Director Xeral de Cultura, Sr. Alcalde de Silleda, Sr. Teniente Alcalde, Sra. Presidenta da Asociación C. Vista Alegre)

·       Rematada a intervención das autoridades, darase paso ás seguintes actuacións:

-        Grupo de Pandeiretas de Xirandola

-        Grupo de Pandeiretas de Fortín da Pomba

-        Actuación dun Grupo de Vento da Banda de Bandeira

 

·       Para remata-lo acto, os asistentes serán convidados á degustación de productos da Comarca

 

ACTIVIDADES DE NADAL

 

ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE

 

·        DEMOSTRACIÓN GASTRONÓMICA (Elaboración de menús Navideños)

Os días 12 e 13 de Decembro a partires  das 20´30 horas.

 

·        CONMEMORACIÓN DO 75º ANIVERSARIO

Neste ano celebramo-la posta en marcha do Edificio que hoxe alberga o Centro Cultural Vista Alegre, e con este motivo imos celebrar varios actos:

-         17 de Decembro: ás  21 h. Estreo en Galicia da Compañía TRAKATAP,  CUN ESPECTÁCULO POLIVALENTE DE CLAQUÉ, MÚSICA, LUZ NEGRA E HUMOR  (no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira)

-         18 de Decembro: a partires das 6 da tarde comezarán os actos de Inauguración das obras de reforma das instalacións do Centro e a conmemoración do 75º aniversario.

-          

·        VISITA DE PAPÁ NOEL ÓS FOGARES (24 de Decembro)

Para que Papá Noel visite o teu fogar o día 24 de Nadal, e lle faga entrega dos agasallos ós teus fillos, deberás anotarte no Teléfono 986 58 55 50 (de 16 a 22 h). O remate do prazo de inscrición finaliza o Xoves 22 de Nadal.

 

·        FESTA DE PAPÁ NOEL (25 de Decembro)

Como en anos anteriores, Papá Noel visitará de novo o pobo de Bandeira. Este ano, comezará cun desfile nunha maxestuosa Carroza que a partires das 5´30 h. da tarde,  sairá do Campo de Fútbol e percorrerá as rúas de Bandeira para chegar ó Centro Cultural donde recibirá ós máis pequenos e faralle entrega dun agasallo. Contaremos coa participación de animadores infantiles que farán as delicias dos máis pequenos. Para rematares, tódolos asistentes disfrutarán dunha merenda.

 

·        TALLERES PARA NENOS

O 27  e 28 de Decembro, a partires das 5´30 h. da tarde, tódol@s nen@s que queiran participar neste divertido taller, deberán presentarse no Centro Cultural con ganas de pasalo ben.

·        CINE INFANTIL

O 29 de Decembro, a partires das 5´30 h. da tarde proxectaranse os últimos estreos en DVD correspondentes a películas infantiles en pantalla Xigante e Son de cine.