Bandeira a 12 de Decembro de 2003

 

     A través da presente, queremos informarche das actividades que se levarán a cabo no Centro Cultural Vista Alegre nestas datas de Nadal:

 

24 de Decembro: Visita de Papá Nöel ós fogares: todos aqueles que estén interesados en que Papá Nöel lles entregue os agasallos ós seus fillos no propio domicilio, deberán anotarse no Centro Cultural antes do 21 de Decembro (Tfno: 986 58 55 50)

 

25 de Decembro: Festa de Papá Nöel: A partires das 17.00 h. da tarde Papá Nöel dará un pasarrúas polo pobo, recibirá ós nenos no Centro Cultural donde lles entregará un agasallo, teremos unha gran festa infantil Ó remate, merenda para tódolos asistentes

 

29 de Decembro: TALLER DA CIENCIA DIVERTIDA: A partires das 16 h. donde tódolos rapaces o pasarán en grande.

 

Cine de Nadal: Os días 23, 27 e 30 de Decembro, o 2 e 3 de Xaneiro, a partires das 5 da tarde, as mellores películas infantís de estreo en vídeo. Os sábados 27 de Decembro e 3 de Xaneiro, proxectaránse películas para tódolos públicos.

 

     Esperamos contar coa presencia de todos vos nestas datas tan sinaladas para todos. Un saúdo.

 

A Presidenta

  

 

Mª Soledad Mejuto González

 

 

     Estas Actividades están organizadas pola Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira, coa colaboración do Concello de Silleda.