Inicio  |  Fotos   |  Noticias  |  ">Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Como páxina de inicio

 

 

BANDEIRA

COMARCA

XENTE E GRUPOS

A Folla Revirada

Banda de música

Xirandola

Fortín da Pomba

Ramón de Valenzuela

Manuel Dopazo

José Vales

AXENDA

VARIOS

 

 

Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira

 

Alá polo ano 80, xurdíu dita formación musical. Para tal mester, foi elexido como mestre e director D. José Villaverde Gómez, quen estivo ó cargo da mesma ata Setembro do ano 90.

En Febreiro do 82, a Banda dá o seu primeiro pasarrúas coincidindo coa festa do Entroido, e no mes de Abril do mesmo ano, xunto con outra Agrupación da Comarca, dá o seu primeiro concerto nunha festa popular fóra do pobo.

No ano 1993, participa no Certame de Bandas Populares de Galicia, celebrado en Santiago, e recibe a mención de Banda máis xove da Comunidade Autónoma. A partires de aquí, a Banda de Música coa súa constitución como Asociación Musical Recreativa e Cultural, comeza unha nova andaina co apoio de tódolos socios e veciños de Bandeira e arredores.

No ano 1990, a Asociación contrata como Director a D. Luís A. González Amosa, estudiante nestes intres, de último ano no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

O esforzo realizado durante este tempo, refléxao o 4º posto acadado no 1º Certame de Bandas Populares de Galicia celebrado en Lalín no mes de Maio do 91.

Nestes intres, a Banda segue a traballar, día a día, na música e na cultura, proba delo é a realización de actividades como son os Concertos Extraordinarios que se celebran tódolos anos pola Santa Cecilia, e polos que pasaron algúns dos mellores músicos de Galicia e Nacionais (Miguel de Santiago, Benjamín Moreno, etc.)

Actualmente contan cunha gravación de Cassettes e CD’s realizada no Auditorio da Semana Verde de Galicia en Silleda.