Inicio  |  Fotos   |  Noticias  | Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Como páxina de inicio

Xosé de Andrea, o último xeneral republicano.

 FOTOS DOS ENTROIDOS

O Entroido é a época das grandes festas cheas de carne de porco. A cacheira, o bandullo, a vincha, etc., preséntanse nas mesas dun xeito maxestoso, as filloas na pedra e o viño, abondan denantes ao martes de entroido, onde antigamente, seguindo o costume cristián, desaparecería dos xantares e comezará a andaina da abstinencia e da sobriedade ata o domingo de Pascua.

O Carnaval neste país, está cargado de expresións tradicionais, onde as comarcas foron tomando xeitos senlleiros de manifestalo. Os Peliqueiros de Laza, os Cigarróns de Verín, as Pantallas de Xinzo da Limia, os Xenerais do Ulla, son sen dúbida unhas das manifestacións tradicionais mais típicas.

Centrándonos nos Xenerais do Ulla, ai que dicir que non se coñece o orixe desta expresión tradicional. Uns afirman que unha lembranza da loita en contra dos franceses, na Guerra da Independencia; outros que ben puidera te-la súa orixe nas angustiosas loitas carlistas.

O que si é certo, é que antano, as máscaras do entorno de  Trasdeza ao se achegar a unha parroquia, para ir na procura de cartos, tiñan que primeiro pasar o atranco, o que se coñece co Alto dos Xenerais, no que dous bandos de distintas parroquias mantiñan un enfrontamento verbal entre dous exércitos, nun principio entre o sentinela e o correo; posteriormente entre as máximas autoridades de ámbalas dúas mascaradas: os Xenerais. Arestora a improvisación, a ocorrencia e maila facilidade de palabra era condición esencial nun bo xeneral. Ai que ter en conta que o enfrontamento verbal se producía con estrofas improvisadas de catro versos nas que rimaban o segundo mailo cuarto.

Así amósase nun atranco recollido no libro de D. Olimpio Arca Caldas titulado: “Medio século de xenerais estradenses”, onde alá pola II República nun atranco na parroquia de Arnois o prodixioso xeneral Xosé de Andrea de Santirso de Manduas, lle preguntan de onde ven e a onde ten pensado chegar, respondendo:

 

Vengo de Santiso de Manduas

con todo mi caminar

si es que me das paso

a Puente Ulla quiero llegar.

 

O paso non é concedido polo contrincante de Arnois, agás entregue once mil bestas preñadas e  once mil mulleres virxes. Xosé de Andrea, con donaire resposta.

Siento mucho faltar a su petición pero no la puedo cumplir.

Las once mil bestas aparejadas

las dejé en mi tierra

y las once mil vírgenes

me duele el corazón por ellas.

 

Ante semellante xesta, é lóxico asina-la paz que mellor sería chamarlle tregua porque para o próximo entroido tornarase a farsa.

Rematado o enfrontamento a mascarada visitante composta polos correos, xenerais, coro, parranda, introducíase na parroquia na procura de cartos. Unha das maneiras de acadalos era o que se coñece como bota-los vivas nas casas, desexando longa vida e saúde, en compensación eran agasallados con diñeiro e viño. Outra, o Coro cantaba as coplas cheas de chispa e logo vendías. A Parranda, que incluía aos que representaban os  oficios,  cobraban pola figuración da representación.

 

Na memoria de D. Manuel García Vázquez mais coñecido por Manolo de Servando, (xeneral de toda a vida en Bandeira e do que a gallardía, o donaire, a ocorrencia son sinónimos que o acompañan) perdura as aventuras de Xosé de Andrea.

 

No ano 1931 cando saía a mascarada da Bandeira cara as terras do Ulla o achegarse ó lugar de Souto, Agustín de Panadeiro de Lamela, saíulle ó paso dándolle o alto a Xosé de Andrea, este pediulle o paso de seguido, por alixeirar o atranco e continuar o camiño. Agustín de Panadeiro concedeulle pero antes reclamoulle unha débeda, o parecer por causa dun furón. A mascarada tirou para diante.

O ano seguinte en 1932, viñeron os de Lamela a Bandeira  e Xosé de Andrea como Xeneral Primeiro, recibiu o xeneral segundo de Lamela con flores, como corresponde a dúas parroquias tan amigas, pero o chegar Agustín de Panadeiro en representación do xeneral primeiro de Lamela, Xosé respondeulle:

Hace un año que te espero

y hoy por fin te he encontrado

vengo a pagarte esa deuda

que así me la has reclamado,

he revisado todos los libros

y tal deuda no existía

y aunque mismo fuese cierto

no era de reclamarmela ese día.

Con aplausos e con vivas, rematou o encontro. Ámbalas dúas mascaradas percorreron as rúas da Bandeira.

Sen embargo, a xeira de Xosé de Andrea, veuse perturbada coa Guerra Civil; a tristura, o aldraxe, a falta de humor, fixo desentender a Xosé do papel de xeneral.

 

En 1951, xa falecido Xosé de Andrea, veu a Bandeira a mascarada de Lamela capitaneada por Perfecto da Calva. Este, traía unha coroa de flores en memoria de Xosé de Andrea. Manolo de Servando, xeneral de Bandeira, recibiuna con gran sentimento:

Con mucho gusto la recibo

y un millón de gracias te damos

por ser general de Lamela

a la tumba se la llevamos.

 

E así foi, solicitaron permiso o cura de Santirso de Manduas, introducíronse no atrio da igrexa e depositaron o ramo de flores.

 

Asdo.: Alberto Maceira Balboa.