Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  Libro de visitas |  Foro    | Correo  |  Como páxina de inicio

   

BANDEIRA

Situación

Historia

Festas

Turismo

Fotos

AXENDA

VARIOS

 

A COMARCA DO DEZA

Unha comarca é un espacio xeográfico conformado por varios municipios que manteñen uns lazos de unión fortes, xa se fale dun contexto histórico, natural, xeográfico ou doutra índole. A Comarca do Deza é unha das comarcas galegas que mellor se adaptan a esta definición. A súa historia sempre tivo un nexo común se nos remontamos a cualquera época; en Deza   sitúanse numerosos restos de asentamentos castrexos repartidos por tódala xeografía, que indican unha unidade territorial de poboación antiga; as antigas xurisdiccións medievais corresponden case que na súa totalidade cos actuais municipios, e o seu patrimonio artístico e cultural garda unha liñaa homoxénea e actualmente vese acrecentado o espíritu de comarca por parte da poboación residente nesta área.

A Comarca do Deza está situada na parte máis oriental da provincia de Pontevedra, cunha situación céntrica en Galicia moi privilexiada, facendo límite coas restantes provincias galegas. Comprende os municipios de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Deza presenta uns límites moi ben definidos por verdadeiras fronteiras naturais, que son ó Norte co Río Ulla, Sur coa Serra do Candán, Este coas Serras do Faro e Farelo e polo Oeste cos Montes de San Sebastián o río Ulla de novo.

Aquelas persoas que se acheguen a este territorio poderán comprobar de xeito doado que se trata dunha terra única, unha terra con clara definición e que ó mesmo tempo presenta grandes contrastes que constitúen a súa principal riqueza. De Norte a Sur e de este a oeste pódese disfrutar de numerosas e variadas paisaxes que ofrecen e abren ó visitante un amplo abano de posibilidades para coñecer esta Galicia de interior que se mantén fiel ás súas raíces. Historia e cultura, natureza e vida, artesanía e industria, todo formando unha entidade que aglutina un espíritu propio que avanza con forza.

O entorno natural do Deza presenta unha fisonomía moi variada, donde se dan cita Serras como a do Candán entre os municipios de Lalín e Silleda, donde perviven as vellas formas tradicionais de vida, pequenas aldeas ubicadas entre os montes, donde pasear convírtese nun pracer.

Subir á Serra do Faro, en Rodeiro, supón contemplar un dos vales máis fermosos e productivos da comarca, o Val de Camba, que por outra banda, está cargado de historia por ser cuna da Casa de Camba, unha das linaxes máis poderosas da Galicia Central.

Entre os municipios de Vila de Cruces e Agolada, exténdese o Encoro de Portodemouros, formado principalmente polo río Ulla e o Arnego. Esta obra de enxeñería deu lugar co paso do tempo a un espacio natural donde se funde un entorno suave e agradable coa posibilidade de practicar deportes náuticos en varias modalidades.

Dentro da riqueza natural do Deza atópanse outros espacios únicos en Galicia, merece mención especial a Fervenza do Toxa, en Bandeira. Aquí nos atopamos cun dos saltos de agua máis belos e peculiares de Galicia. O río Toxa precipítase nunha caída duns 50 metros de altitude aproximada, para dar lugar a unha paraxe inolvidable, donde polas súas características danse numerosas especies de flora e fauna autóctona. Desde o miradoiro da fervenza pódese iniciar unha rota de sendeirismo coñecida como “Carreiro do Deza”, que nos adentrará por vellos camiños ata a confluencia dos ríos Toxa e Deza; podemos continuar rota atravesando Merza ata  Mosterio de Carboeiro.

Outra rota de sendeirismo moi interesante é a chamada Senda da Saleta, no municipio de Silleda, onde o camiñante disfrutará coa paisaxe e o patrimonio a través das parroquias de Silleda, Taboada, Cortegada e Siador.

Tódalas concas fluviais do Deza ofrecen numerosas posibilidades,  o río Deza, Arnego, Asneiro, Toxa e  un sinfín de pequenos cauces nos ofrecen a posibilidade de practica-la pesca deportiva; praias fluviais como A Carixa en Merza, Pozo do Boi en Vilatuxe ou o entorno de Carboeiro para a práctica de natación nun entorno natural idóneo en días de calor. Unha zona de interese tanto paisaxístico como etnográfico é a zona dos Muíños de Mouriscade, en Vilanova, Lalín, á beira do río Asneiro.

O patrimonio histórico-artístico é de especial relevancia e de visita obrigada. Houbo numerosos mosterios románicos que marcaron fondamente a historia e o xeito de vida. No municipio de Silleda atopamos o que foi un dos máximos expoñentes, San Lourenzo de Carboeiro, situado nun outeiro e rodeado por un meandro do río Deza de singular beleza. A súa fundación  remóntase ó S. XII polos Condes de Deza, Don Gonzalo e Dona Teresa. Presenta unha traza románico-oxival única nas súas características e a súa importancia artística ven avalada por pertencer á escola compostelán do Mestro Mateo. Outra das xoias monacais dignas de reseñar é a igrexa do antigo mosterio de S. Pedro de Vilanova en Dozón, fundado no ano 1154, no máis puro estilo románico onde destaca a súa grande riqueza arquitectónica e ornamental. No municipio de Vila de Cruces, ás beiras do río Ulla, atopámonos con San Salvador de Camanzo, hoxe igrexa parroquial, constituía cos dous mosterios anteriormente citados os principais monacatos do Deza. Hoxe pódese contemplar a súa magnífica planta, a súa ornamentación e restos da antiga sala capitular.

Moitas son as igrexas románicas que perduran, unhas coa súa orixinal fábrica e outras con modificacións posteriores. Cabe citar San Pedro de Ansemil en Silleda, que conta cunha capela adosada de estilo gótico co enterramento de Diego Gómez de Deza, San Martiño de Dornelas ou Santiago de Taboada y Breixa en Silleda, a igrexa parroquial de San Miguel de Goiás e Donramiro en Lalín, Santa Mariña de Pescoso en Rodeiro, ou Ventosa e Ferreiroa en Agolada.

A referencia relixiosa por antonomasia na comarca é o Santuario da Nosa Señora do Corpiño, na parroquia de Losón, en Lalín. Desde as súas orixes que se remontan entre os séculos VIII e X foi e é punto de encentro de moitos fieis devotos en busca da curación dos seus males. Celébrase periódicamente tódolos 24 de Xuñoo, dándose cita numerosos visitantes.

A arquitectura civil das nosas aldeas e lugares presenta unha tipoloxía rural moi curiosa, por ser cuna de grandes canteiros que deixaron a súa pegada nas vellas edificaciós. Rodeiro e Agolada conservan en boa medida estas vellas formas. Pero no Deza destacan sin lugar a dúbidas as vellas edificacións señoriais, que dan boa fe das numerosas familias nobres e fidalgas que tan presentes estiveron nestas terras. O Pazo de Liñares en Prado, dos S. XVII y XVIII, é un dos exemplos máis claros destos singulares edificios, foi casa natal de Joaquín Loriga Taboada, insigne aviador e un dos principais fillos ilustres da comarca; está edificado no máis puro estilo barroco galego, con recinto amurallado e grandes chemineas. A Casa Fortaleza de San Xoan de Camba, constitúe unha edificación cívico-militar de grande importancia, tanto na súa arquitectura como polos acontecimentos históricos que en época feudal alí  sucederon. Outros pazos de interese os atopamos en Piloño, o Pazo de Porras de Raindo, O Pazo de Cascaxide e Transfontao en Silleda, Filgueiroa, Des e Donfreán en Lalín e o Pazo de Borraxeiros en Agolada, entre unha interminable lista de pazos e casas grandes.

O Deza foi e é pola súa situación céntrica un nó de numerosas vías de comunicación, testemuña fiel son os antigos camiños reais que por aquí atravesaban. Proba delo consérvanse as pontes de Taboada, entre os municipios de Lalín y Silleda, en perfecto perpiaño, compónse dun só arco de medio punto sobre unha calzada empedrada, destaca así mesmo a súa balaustrada de pedra e ten unha inscrición nunha rocha próxima que o data do 912.  Atravesa o camiño real a Santiago polo Sur que fai as delicias de cualquera camiñante.

Outra importante obra de enxeñería vial é a chamada Ponte dos Cabalos, en Parada, Lalín, sobre o río Arnego, pese ó seu estado de conservación continúa tendo ese encanto que tantos viaxeiros contemplaron. Ponteledesma, sobre o río Ulla en Gres, tamén sorprende pola traza medieval e os seus sete arcos, que se alzan maxestuosos enfrente das Illas de Gres.

A Comarca do Deza, como comarca eminentemente rural, sempre estivo muy apegada á terra, proba delo está na súa importante e desenvolvida economía agrícola e gandeira. É unha terra moi prolífica e xeradora de productos de calidade que da lugar a unha excelente gastronomía. 

A gastronomía tradicional dunha determinada zona sempre estivo relacionada cos productos ligados á terra, coa súa riqueza piscícola e cinexética, unidos á imaxinación creadora e ó bo saber facer das súas xentes. Na oferta gastronómica do Deza reflíctense unha grande variedade de platos. O cocido é o seu máximo expoñente, exáltase na festa gastronómica que se celebra en Lalín  domingo anterior ó entroido; a carne de vacún en cualquera modalidade culinaria é outro dos nosos exquisitos manxares, o polbo  á feira, a “carne ó Caldeiro”, derivados lácteos  como o queixo, “empanada (festa da empanada de Bandeira”, embutido, melindres e rosquillas e unha larga lista de exquisiteces.

A moderna Deza ve crecer o seu tecido industrial arredor dun sector textil en crecimento, e outros sectores productivos ligados á terra, pero ainda que co transcurso do tempo foron desaparecendo na comarca un conxunto de actividades artesanales tradicionais, existen algúns artesáns que pola calidade dos seus traballos convirten este recurso en algo indispensable para os visitantes. Zocos, cruceiros en pedra, esmaltes, coiro e marroquinería, tallas de madeira e un sinfín de artículos son elaborados polas mans artesanais do Deza. 

Moitos destos obxetos pódense adquirir nas numerosas feiras-mercado existentes na comarca. Cabe destacar a Feira da Gouxa en Dozón, a da Bandeira en Silleda e a de Vila de Cruces.

En tódalas ordes culturais e artísticas atopamos na comarca grandes exemplos dignos de mención, escritores como Neira Vilas o Ramón de Valenzuela, o astrónomo Ramón Mª Aller, pintores como Laxeiro, Colmeiro, Lamazares, Lareo, Salgueiro, Aymerich e un largo etc..., o aviador Joaquín Loriga, e un gran elenco doutras figuras que compoñen un verdadeiro patrimonio cultural para disfrute de residentes e visitantes.

Visitando a Solaina de Piloño, un verá exemplos moi representativos desta iniciativa  artística única no medio rural, o museo municipal Ramón Mª Aller de Lalín cunha mostra permanente de Laxeiro, a biblioteca-museo de Neira Vilas en Gres, o Museo etnográfico de Doade e o de Rodeiro, donde se produce o reencontro coas nosas raíces máis profundas por medio de numerosos apeiros alí expostos para deleite dos visitantes.

A Comarca do Deza constitúese como un marco ideal donde disfrutar co descanso, a boa vida, unha paisaxe única, un patrimonio inigualable e a boa acollida das súas xentes hospitalarias.

TURISMO NA COMARCA

A Comarca do Deza está situada na parte máis oriental da provincia de Pontevedra. Comprende os Concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Os seus límites están ben definidos por verdadeiras fronteiras naturais, Ó Norte co Río Ulla,  ó Sur coa Serra do Candán, ó Este coas Serras do Faro e Farelo, e ó Oeste cos Montes San Sebastián e o Río Ulla de novo.

Ten unha extensión de 985 Km2.  A súa situación na Galicia Central marca o seu carácter eminentemente rural por tratarse dun territorio de interior que debe en gran parte o seu desenvolvemento á agricultura e á gandería.

Hoxe en día a comarca conta cun desenvolvemento económico importante, froito da iniciativa e ó bo saber facer das súas xentes.

Na súa paisaxe fúndense os vales e as montañas, os pequenos cauces fluviais e vizosas pradeiras; a súa riqueza natural conta cun rico patrimonio cargado de historia e sabor popular.

Historia e cultura, natureza e vida, artesanía e industria; todo formando unha entidade que abrangue un espíritu propio, un espíritu de Comarca que avanza con forza.

 

CONCELLO DE AGOLADA.

Pendellos de Agolada. Á beira do casco urban, próximo ó edificio consistorial exténdense os vellos pendellos, antigo recinto da feira, que datan do S. XVIII. Están en fase de restauración e celébranse puntualmente feiras de artesanía onde se dan cita numerosos artesáns de toda Galicia.

Igrexa románica de Ventosa. Do S. XIII. Conserva case intacta a súa estructura románica na súa arquitectura. Merece un especial interese o seu interior polos baldaquinos que conserva.

Pazo de Borraxeiros. Fermosa casa señorial que data do S. XVII. Consérvase en perfecto estado. Sobresae o seu torreón e os muros de defensa. Está flanqueado por 4 escudos de armas.

Área recreativa de Carmoega. Á beira do Río Arnego atópase esta femosa paraxe, habilitado con bancos e mesas. Conta cunha área de baño rodeada dunha interesante carballeira.

Pazo de Eidián. Construído no S. XVI. Conserva o recinto amurallado, portalón de entrada e dous hórreos. Escudos dos Ulloa, Varela e López de Basadre.

 

CONCELLO DE DOZÓN.

Igrexa monacal de San Pedro de Vilanova. No lugar de Mosteiro. Fundado no ano 1154. Considerada unha das xoias románicas galegas pola súa traza. Resalta a súa riqueza arquitectónica.

Santuario da Pena de Francia. Situado nun alto a máis de 800 metros atópase esta ermida da Nosa Señora da Pena de Francia. Moi venerada polos lugareños e xentes da comarca. Está próxima unha área recreativa desde onde se divisa unha bela panorámica da Comarca.

Feira da Gouxa. Na parroquia de Bidueiros. Feira mercado periódica que se celebra todos os 11 e 23 de cada mes. Famosa polos seus antigos pendellos e a preparación da Carne ó Caldeiro.

Praia fluvial de Sanguiñedo. Na parroquia de Sanguiñedo. Aproveitando o cauce do regato de Sanguiñedo habilitouse un lugar acolledor onde se recolle a auga como lugar idóneo para o baño.

 

CONCELLO DE LALÍN.

Santuario da Nosa Señora do Corpiño. En Losón. Airoso templo neoclásico do S. XVIII. Debe a súa fama á forte veneración á Virxe do Corpiño, á que se lle atribúen poderes curativos especialmente de tipo psíquico. Celébrase unha concorrida romaría os días 23 e 24 de Xuño.

Igrexa románica de Goiás. Do S. XI e XII. Destaca a súa portada principal con arquivoltas e a ábsida circular. No interior presenta unha ornamentación moi curiosa.

Igrexa de Donramiro. Románica da primeira metade do S. XI e XII. Conserva gran parte da súa estructua románica primitiva. No seu interior consérvase un baldaquino de pedra medieval e outros elementos interesantes.

Carballeiras de Barcia e Catasós. Nas parroquias do mesmo nome. A primeira destaca pola súa simetría case perfecta. A de Catasós conserva uns exemplares dos máis antigos da comarca.

Pazo de Liñares. En Prado. Dos Séculos XVII e XVIII. Barroco galego. Considerado dos máis importantes e fermosos da Comarca. Casa natal do Avidador Loriga. Conserva o recinto amurallado e grandes chemineas.

Pazo de Donfreán. Na parroquia de Catasós. Do S. XVIII. Destacan as súas escaleiras, balcóns, solaina e arquerías. Campean os escudos de Varela, Ojea e Salgado e os Montenegro.

Ponte dos Cabalos. Na parroquia de Parada. Do S. X. Ponte de dous arcos. Pertence á época dourada das comunicacións da Galicia Central.  Atravesa un tramo da vella calzada. Sobre o río Arnego.

CONCELLO DE RODEIRO.

Monte Faro. Na Serra do seu mesmo nome. atópase a 1.200 metros de altitude, Divísase unha das máis belas panorámicas da Galicia Central. Aquí áchase o Santuario da Nosa Señora do Faro, moi venerada na comarca. Cada 8 de setembro celébrase unha concorrida romaría.

Pazo de Trasulfe. Na parroquia de Fafíán. Habitado polos seus propietarios. Gran balcón e escalinata, patio pechado con muro almenado e portalón. Ten un fermoso pombal, gran cheminea e capela.

Castro de Casasoa. Na parroquia de Río. Ofrece unha bela panorámica do Val de Camba. Conserva a estructura fortificada e parte das murallas.

Igrexa de San Martiño de Asperelo. Na parroquia de Asperelo. De estilo románico rural con elementos de transición ó gótico. Con claras influencias ornamentais da escola compostelana.

Tulla medieval. En Fafián. Torreón de sillería perfectamente labrada que corresponde ós restos dunha antiga casa señorial, onde se cobraban copiosas rendas segundo a tradición popular.

Xacemento arqueolóxico de Porta de Arcos. En Fafíán. Aquí atopáronse os vestixios dunha antiga Vila Romana, onde en 1973 foron achados restos de cerámica, tégulas e outros elementos catalogados polo Museo Provincial de Pontevedra.

Torre de Guillar. Na parroquia de Guillar. É o que resta dun antigo casón no que se pode apreciar o seu carácter defensivo. Potente cheminea, gárgolas, etc. Construído nun perfecto perpiaño. Pertenceu a unha familia fidalga de escribáns.

 

CONCELLO DE SILLEDA.

Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Do S. XII. Xoia do románico oxival galego, con claras influencias da escola compostelán. Conserva a súa igrexa coa arquitectua primitiva; hoxe en día está en fase de restauración. Ten un fermoso entorno, situado nun outeiro rodeado do Río Deza, pódese baixar pola antiga calzada empedrada ata a ponte medieval, ten muíño e pombal.

Fervenzas do Río Toxa. Na parroquia de Pazos, próximo á localidade de Bandeira,  un dos saltos de auga naturais máis belas de Galicia. Conta cuns 50 metros aproximadamente de caída. O seu entorno propicia a existencia de especies tanto de flora como de fauna autóctonas. Parte de aquí unha interesante ruta de sendeirismo chamada “Carreiro do Deza”.

Ponte medieval e igrexa de Santiado de Taboada. Parroquia de Taboada. A ponte medieval data do ano 912. Obra de enxeñería viaria medieval moi importante da comarca. Dun só arco. A igrexa románica é de principios do S. XIII. Conserva moitos elementos da súa antiga fábrica. Hai un interesante cruceiro chamado das Procesións xunto ó templo.

Pazo de Cascaxide. Parroquia de Escuadro. Interesante exemplo de casa señorial, ten un curioso exemplar de torre cadrada e unha capela. Campean os escudos dos Deza e Mondragón.

Pazo de Trasfontao. Na parroquia de Silleda. S. XVIII. Recinto amurallado, amplas chemineas, hórreo de cinco claros e pombal. Ten unha fermosa capela con escudos dos Montenegro, Varela e Mosquera.

Igrexa de San Pedro de Ansemil. Antigo mosteiro no que as súas orixes se remontan ó S. XI. Belo exemplar de románico rural. atópase adosada unha pequena capela gótica que garda o sepulcro de Diego Gómez de Deza. No seu exterior álzase maxestuosa unha talla en pedra da Virxe do Leite.

Torre de Cira. Nos límites da Terra de Trasdeza, ás beiras do río Ulla. Na parroquia de Cira. Único vestixio dun castelo medieval alí situado, testemuña de liortas entre Dona Urraca e o Arcebispo Xelmirez.

 

 CONCELLO DE VILA DE CRUCES.

Igrexa monacal de San Salvador de Camanzo. Antigo mosteiro do S. XII, nas ribeiras do río Ulla. Conserva a súa igrexa no máis puro estilo románico da época. Tanto o seu exterior como o interior merece especial atención pola ornamentación que presenta. Conserva parte da antiga sala capitular e destaca a triple ábsida.

Pazo de Porras de Raíndo. Na parroquia de Piloño. Conserva a súa grande cheminea e lareira, hórreo, pombal, portalón de entrada e recinto amurallado. Á entrada do pazo hai un fermoso cruceiro coa imaxe de Xesucristo coa cabeza ladeada cara á esquerda.

Solaina de Piloño.  Museo de artes plásticas e casa natal de Paco Lareo, o seu promotor. Podemos topar unha mostra de artistas dezanos e doutros puntos da nosa xeografía. Punto de encontro cultural importante da comarca.

Poboado mineiro de Fontao. En Fontao ainde pervive o vello poboado onde vivían os mineiros que extraían o codiciado volframio alá polos anos 30 e 40. No lugar aínda se pode ver a igrexa, as escolas e o cine, un pouco abandonado.

Illas de Gres e Ponte Medieval. Regadas polo Ulla atopanse estas 5 illas, comunicadas unhas con outras por unhas pequenas pontes. Dende as illas pódese ver a ponte de Ponteledesma, antigo camiño real a Santiago que conserva perfectamente a súa fermosa estructura.

Praia fluvial da Carixa. Na parroquia de Merza. Á beira do Río Deza xunto a un belo recanto. Perfectamente acondicionada como área de baño e recreativa. Ten un muíño restaurado nas inmediacións.

Encoro de Portodemouros. Formado polos ríos Arnego e Ulla principalmente, exténdese o encoro de Portodemouros. Forma unha suave paisaxe en sintonía coas aldeas dos arredores. Ideal para practicar deportes náuticos. Exténdese polas parroquias de Portodemouros, Loño e Arnego. 

 

FESTAS GASTRONÓMICAS DA COMARCA DO DEZA

FESTA DA EMPANADA. En Bandeira, Concello de Silleda. Festa de exaltación de empanada galega en todas as súas variantes. Celébrase a terceira fin de semana de Agosto coincidindo coas festas patronais. Celébrase un concurso en dúas modalidades: Amas de Casa e Restaurantes. O mesmo día ten lugar o festival de música tradicional “Esmorga Folk” da Bandeira.

FESTA DO COCIDO DE LALÍN. Exaltación do cocido galego con tódolos seus derivados. Celébrase o Doningo anterior ó entroido. Principal festa gastronómica da comaca, que se iniciou no ano 1968, á iniciativa de varias persoas emprendedoras da vila, co único obxetivo de exaltar e dar a coñecer a vila como productora importante de productos cárnicos e embutidos de gran calidade. A festa vai acompañada de diferentes actos ós días previos, e o mesmo día hai unha vistosa caravana de comparsas.

ROMARÍA DA TORTILLA. En Laro, Concello de Silleda. Festa de exaltación da tortilla, concebida como unha romaría tradicional. No marco dunha fermosa carballeira. Celébrase o primeiro venres de Agosto.

FESTA DA ROSQUILLA. En Abades, Concello de Silleda. Vense celebrando o Domingo de Pascua dende o ano 1987. Tódalas rosquillas son de elaboración artesá, feitas con productos caseiros de primeira calidade. Os lotes preséntanse nun formato peculiar en forme de torre cónica.

FESTA DO GALO DE CURRAL. En Vila de Cruces. Celébrase a finais do mes de Maio. Exaltación do “capón curraleiro”, a festa vai acompañada de diferentes actos lúdicos e culturais. Ese mesmo día en tódolos restaurante do Concello pódese degusta-lo capón.

FEIRA DO CHOURIZO. Celébrase o 4 de Febreiro en Vila de Cruces. Coincide coa feira periódica do día 4. Os asistentes poden degustar gratuitamente chourizos asados, pan e viño.

FEIRA DA CASTAÑA. Celébrase o 4 de Novembro en Vila de Cruces. Coincidindo coa época da castaña, producto moi común na zona. Tamén coincide coa feira periódica do 4. Ásanse castañas e distribúense gratuítamente con viño.

FESTA DA CARNE Ó CALDEIRO DE BOLA CON TORRESNO. Na Gouxa, no Concello de Dozón. O último domingo de abril. No marco da tradicional feira da Gouxa, cos vellos recintos da feira. Exáltase a “carne ó caldeiro”.