A EMPANADA DA BANDEIRA

Esta festa celébrase dende o ano 1974 o penúltimo fin de semana completo de agosto (que coincide case sempre co 3º fin de semana a excepción dos anos que agosto ten 5 fins de semana, como o do ano 2003). Comenzouse celebrando en venres, pero dende hai mais de 15 anos celébrase o sábado. Tamén escomenzou por ser unha merenda, pero agora mesmo trátase dunha cea.


A Festa da Empanada orixínase cando a un grupo de amigos se lle ocorre levar unhas empanadas a unha fermosa carballeira do lugar e desfrutar dunha velada amigable coincidindo coas festas patronais.A idea foi acollida con moito entusiasmo e co transcurso do tempo a festa colleu peso ata chegar a hoxe. Tanto as amas de casa coma os
restaurantes da vila empezaron a achegar as súas creacións, o que deu lugar ó concurso que hoxe traspasou as fronteiras locais, e que levou a unha participación non só galega senón tamén de fóra de Galicia. De aquí que milleiros de veciños cos seus convidados de todo o país se reúnan todos os anos arredor da empanada.
Peñas, cofradías, clubes e sociedades, aceptan a parientes, amigos, foráneos ou extranxeiros, nun acto solemne de amistade e confraternidade, que se extende pola Carballeira de Silva e de Valladares”,.Algunhos argalleiros, que nunca faltan, esperan que nesas datas os visitantes desta localidade pontevedresa, deixen na casa aquelas outras “empanadas” que por mor do amor, da política ou das finanzas, teñen cociñado nas súas vidas. 


DECLARACION, POLA XUNTA DE GALICIA, DA “FESTA DA EMPANADA DE BANDEIRA” COMO DE INTERESE TURISTICO.

A Corporación Municipal, aceptando unánimemente a proposta do Alcalde Don Xoán Xose Salgueiro Montouto, que xá a aceptara como Festa Oficial Gastronómica do Concello de Silleda, o ver que levaba mais de 20 anos de celebración, e xá que contaba coas características sinaladas no Decreto 203/1998, de 25 de Xuño, pola súa singularidade, por non haber outras de iguais características en Galicia e polo seu grande arraigo popular e indudable valor turístico-cultural, propuxo a Comunidade Autónoma a súa aceptación como festa recoñecida
O Concello da Xunta, na súa reunión da data 17 de Xuño de 1999, declaróuna “festa de Galicia de interese turístico”, sendo publicado tal honor no Diario Oficial os poucos días. 


TRANSCURSO DA FESTA

As empanadas están expostas para que todos os visitantes poidan contemplar os fabulosos exemplares. De seguido o xurado, composto por persoas relevantes do mundo da gastronomía e da vida social galega, así como unha representación das amas de casa, procederá á ardua tarefa de puntuar as empanadas presentadas ó concurso. Debido á gran participación de concursantes establecéronse dúas categorías de cara ó concurso:

A: restaurantes.
B: amas de casa.


1. O xurado fará un percorrido pola exposición das empanadas e logo de contemplalas puntuará a presentación nas dúas categorías.
2. De seguido comeza a degustación das empanadas presentadas ó concurso Unha vez que remate esta tarefa, o xurado deberá facer o reconto de puntos ata conseguir un veredicto consensuado.
Previamente á celebración da festa, instálanse no recinto as diferentes "peñas", que son as que coa súa participación animan, e están compostas case na súa totalidade por veciños do lugar que levan os seus convidados para cear e degustar as empanadas.


PREGOEIROS E HOMENAXEADOS. CARTEL ANUNCIADOR.
Dende os comenzos, son múltiples os pregoeiros e homenaxeados de grande altura, dedicándonos as súas verbas personaxes destacados da vida cultural, como o Premio Nobel Camilo José Cela, Alfredo Conde etc., e da vida política como Manuel Fraga Iribarne, Xerardo Fernández Albor, Xosé Cuíña Crespo, José Luis Barreiro, etc. Tamén de prestixiosos xornalistas como Fernando Ónega, María Rey, Pilar Cernuda, Pepe Domingo Castaño, José María Carrascal... e actores galegos como Carlos Blanco, Luis Zaera, e este ano 2003 as actrices Mela Casal e Gloria Ferreiro. O cartel anunciador da Festa da Empanada, foi diseñado por afamados artistas, sobresaíndo Saavedra Pita, e os pintores Fondevila e Marisa Miguelez e outros moitos colaboradores da Comarca.
 


ASOCIACION DE AMIGOS DA EMPANADA DA BANDEIRA

Foi Servando García, quén aló polo ano 1974, con motivo das festas de verán, pideulle a Juán José Salgueiro ideas para impulsa-las festas da localidade. Alí xurdíu a festa gastronómica da empanada, que o pouco tempo foi constituída en Asociación.
Dende aquela sentáronse as bases da actual festa gastronómica, que nos primeiros tempos celebrábase en venres, ou día das vísperas da Festa adicada a San Antonio.

Segundo a Asociación, non pode faltar:

1.- Os gaiteiros, charangas e foliadas, que dan un aire enxebre a celebración.
2.- O xurado calificador das empandas, formado exclusivamente por críticos gastronómicos, amas de casa e restauradores de renombrado nivel.
3.- Os premios as “mais sabedeiras”, repardido en duas clasificacións: Os restaurantes e as amas de casa. As calificacións do xurado han de ser: De 0 a 10 puntos por presentación, e de 0 a 20 puntos por sabor.4.- Os primeiros premios son doados pola Excma. Deputación de Pontevedra e polo Concello de Silleda, sendo os outros financiados por distintas casas comerciais colaboradoras da Festa. 
Os gaiteiros, as charangas e foliadas, estarán presentes ata as 4 ou 5 da madrugada, se o tempo respeta a celebración.
 
Xunta Directiva no ano 2002:

Presidente: Juán José Salgueiro Montouto
Vicepresidente: Mª del Carmen Pillado Barcia
Secretario: Alfredo López Mosquera
Vicesecretario: Maika Caramés Maceira
Tesorera: Mª Consuelo Penoucos Castiñeiras
Relacións Institucionais: Javier López Caramés
Coordinador de Areas: José Luis Tejo Cuiña
Responsables de Peñas:
José Lago Dominguez
David Rodriguez Quelle
Alfonso Mato González
Relacións Públicas e Prensa: Rosa Mª García Fernámdez
 
Vocais:
Dolores Sangiaos Cacheiro
Miguel Balboa Iglesias
Mercedes Cuiña Castiñeiras
Ramón Conde Rey

DESENRROLO DO CONCURSO.
Sobre as seis da tarde do día da festa, comenza o concurso, e o seu remate, as peñas poxan aquelas que acadan premios, chegando a pagarse preto de 400.000 Pesetas pola que acada o primeiro posto.
A número de visitantes ronda cada ano preto de 7.000 persoas, que xunto con familiares, amigos e visitantes, fan que a Vila de Bandeira sexa nese día o centro de Galicia.
PREGOEIRO PARA O 2002
A Xunta Directiva da Asociación, agradece a Don José Luis Barreiro Rivas, Profesor da Universidade de Vigo e Xornalista, a súa especial participación como Pregoeiro no presente ano.

AS PEÑAS

A maioría da xente que asiste a festa xúntase en peñas. Para iso ábrese un prazo para encargar as mesas que necesitará cada peña (resérvanse as mesas na casa de cultura de Bandeira). Moitas destas peñas son de familiares e outras de amigos. A organización estabrece un prezo por mesa con sillas ou bancos e as coloca ou ben na carballeira ou ben debaixo de carpas segundo se solicite e a disponibilidade. Os socios da empanada teñen dereito a unha mesa gratis (para unhas 20 persoas). Os non socios deben contribuir a festa con un pago por cada mesa que queiran disfrutar. Asi mesmo, hai algunhas mesas para esa xente que se despraza no día ata a festa. Para mais información pódese contactar ca casa de cultura de Bandeira ou no correo electrónico desta páxina.

 

 

Camilo José Cela na festa da empanada de Bandeira

 

Concurso de empanadas

 

 

Unha das carpas no ano 2003