|
|
||||
|
Inicio | Fotos | Noticias | ">Libro de visitas | Foro | Correo | Como páxina de inicio |
|||||
CENTRO CULTURAL VISTA ALEGRE
Vindo de Santiago, o primeiro que nos chama a atención ó pasar por Bandeira, é un edificio de pedra, moi vistoso, situado na marxe esquerda da estrada Nacional 525. ¿Qué é esta construcción? Quizais se lle preguntamos a calquera rapaz de Bandeira, responderanos: - É onde se aprende a bailar, de onde ensaia a Banda, de onde se fan cursiños, de onde hai unha biblioteca, donde se fan Semanas Culturais, Festas de fin de ano, Carnavais, Papá Noel, e outras moitas cousas máis. Agora, se esta pregunta lla facemos a unha persoa de idade, remontándose á historia, contestaranos: - É un edificio que foi construído co esforzo dos nosos emigrantes na Arxentina, de onde ademais de canos, investiron en cultura nun pobo que naqueles intres tanto a necesitaba. Construído nos anos vinte, comezou a funcionar como escola Laica, a principios dos anos trinta, ata que a sanguenta guerra civil acabou coas esperanzas destes emigrantes que virou así como o seu esforzo se esfumaba, como queimaban os libros da prestixiosa Biblioteca dotada polas mellllesores editoriais de España e Arxentina, e como se lles escapaba das mans o mellor método de axudar ós que aquí quedaron.
Este, na súa época, foi unha "Pequena Universidade", xa que as súas paredes albergaban:
Durante o seu funcionamento como Escola Laica, os exemplares da súa Biblioteca foron consultados por gran cantidade de rapaces e maiores da nosa comarca, pero tamén acudiron a ela lectores de Vigo, Santiago, Añobre, etc. Como dato curioso, aparece un libro moi solicitado polo público, sobre todo infantil, trátase de "El Pebete", era unha colección de varios volúmenes cuio contido eran historias para nenos, que ó mesmo tempo que divertían, os rapaces aprendían novas cousas. Todo este complexo, fíxose gracias ós esforzos dunhas persoas que, emigrados, viron as necesidades que aquí quedaban. En 1.909 construíron en Bos Aires unha sociedade que se chamaría "Pro-Escuelas en Bandeira". Gracias ás súas ansias, a Escola comezou como tal ata o ano trinta e seis. Dende esa data e durante moitos anos, sigueu funcionando como escola Nacional, para o cal fora incautada polo réxime da época. Coa Chegada da Democracia, estes edificios foron devoltos ós seus lexítimos propietarios, e así pasou de novo ós seus fundadores. A finais dos anos setenta, o presidente da "Sociedade Pro-Escuelas en Bandeira", D. Emilio Rilo, cedeu este estudio ó Concello de Silleda para que nel se creara un Centro Cultural e deste xeito, o pobo de Bandeira puidera seguir tendo un lugar en onde facer actividades culturais. Así, nos anos oitenta, naceu a Asociación Cultural Vista Alegre, apoiada polo Concello e os seus socios, é a coordinadora das actividades que se realizan neste Centro Cultural. Na actualidade, este Centro é o dinamizador cultural do pobo, a través das actividades que aquí se realizan. Aquí naceron os Grupos folclóricos Xirandola e Fortín da Pomba, e a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira, agrupacións estranxeiroque hoxe en día andan portando con orgullo o nome da Bandeira por pobos de Galicia, España e incluso polo extranxeiro. Ademais das asociacións musicais, este Centro veu xurdir outras, como son: Sociedade Deportiva Bandeira, Asociación de Veciños Mencer, Amigos da Empanada, Os Ultreias, Banda Xuvenil, Carnavais, Vaquillas e Dame Lume, todas estas asociacións teñen aquí a súa sede social. Por estas instalacións, pasan unha media de 2.500 persoas nos meses comprendidos entre Outubro e Maio, que é cando mais actividades se xeran. Alfredo López Mosquera
|
|