Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Bandeira como páxina de inicio

  

·

ENREDOS 2010

BANDEIRA

Sábado, 12 de xuño

Pola mañá, a partir das 12.00 h

IIº CAMPIONATO DE TIRAPEDRAS

PREMIOS AOS MELLORES

Inscrición 25 € con xantar, ata o martes 8 ás 22.00 h na Vinoteca Cadeira

(Menores de 14 anos participación gratuíta)

Pola tarde, a partir das 16.30 h

Exhibición de :

LOITA TRADICIONAL GALEGA

Club A Cambadela – A Estrada

TIRO Á CORDA, CARREIRA DE SACOS, O PANO, BRILÉ, PEÓNS, ZANCOS, CARRILANAS...

(Participación libre)

Organiza: OS DE SEMPRE

Colabora: ENDL DO CEIP DE BANDEIRA E CONCELLO DE SILLEDA

 

REGULAMENTO

II CAMPIONATO DE TIRAPEDRAS

REGULAMENTO :

- Categorías: Infantil (menores de 14 anos) e Sénior.

- Tiradas sobre TRES brancos distintos.

- Os tiradores/as formarán en escuadras.

- Distancia de tiro: 8 ou 10 m.

- Número de tiradas por participante sobre cada branco: CINCO .

- A munición será subministrada pola organización (bólas).

- Os tirapedras deberán de ter gallas de pau, tiras de goma ou látex e badana de coiro. Haberá tirapedras á disposición dos participantes e material para construílos.

- En caso de empate faranse CINCO novos lanzamentos desde os 15 metros, sobre o último branco no que está situada a escuadra. Se persiste o empate faranse tiradas desde os 15 metros na modalidade de MORTE SÚBITA.

- A organización reservase o dereito de modificar o tamaño dos brancos e as distancias de tiro. En función da participación e do nivel dos tiradores.

- As decisións dos árbitros serán inapelables.

PREMIOS :

Para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Badana Gomas

Gallas

A PARTIR DAS 11.00 H VERIFICACIÓN DOS TIRAPEDRAS E TIRADAS DE ADESTRAMENTO.