Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Bandeira como páxina de inicio

  

ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN CULTURAL VISTA ALEGRE EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE SILLEDA

NADAL 2010


· DEMOSTRACIÓN GASTRONÓMICA DE NADAL (16 e 17 de Nadal)

O Xoves 16 e venres 17, estades invitados-as a participar nestas xa tradicionales demostracións gastronómicas que nos darán algunhas ideas para elaborar os mellores menús nestes festas tan sinaladas.



· TALLER DE ARREGLOS FLORALES NAVIDEÑOS (21 e 22 de Nadal)

Todos-as os interesados-as que desexen participar nesta actividade deberán anotarse no Centro Cultural antes do día 20 de Nadal. Prazas limitadas. Serviranos para engalanar os nosos fogares cun aire navideño. As clases serán o martes 21 e mércores 22 a partires das 20´00 h. da tarde.


· VISITA DE PAPÁ NOEL ÓS FOGARES (24 de Nadal)

Para que Papá Noel visite o teu fogar o día 24, e lle faga entrega dos agasallos ós máis pequenos da casa, deberás anotarte no Tfno 986 58 55 50 (de 16 a 22 h). O prazo de inscrición remata o Mércores 22.


· FESTA DE PAPÁ NOEL (25 de Nadal)

Como de costume, Papá Noel visitará de novo a vila de Bandeira. Comezará cun desfile nunha maxestuosa Carroza que a partires das 5´30 h. da tarde, sairá do Auditorio Manuel Dopazo e percorrerá as principias rúas da Vila, para logo chegar ó Centro Cultural donde entregará un agasallo ós mais cativos. Contaremos coa actuación especial do Paiaso “RUDI – DUDI” que fará as ledicias dos nenos-as asistentes. Para rematar, disfrutaremos dunha grandiosa merenda a base de chocolate con churros.
Os nenos-as que desexen participar como paxes acompañantes de Papá Nöel, deberán anotarse no Centro Cultural dende o 15 ata o día 22 de Decembro. Prazas limitadas.


· CINE INFANTIL (27 de Nadal)

A partires das 17´00 h. da tarde asistiremos a proxección dunha película infantil, que como sempre veremos en pantalla xigante, e ó remate disfrutaremos de novos xogos na Wii que teremos instalada nestas vacacións.






· TALLERES PARA NENOS-AS (28 e 29 de Nadal)

Esta actividade desenrolarase o martes 28 e o mércores 29 dende as 17´00 h. ata as 19´00 h. da tarde. Os nenos-as aprenderán a realizar diversas actividades e ó mesmo tempo aprenderán novas cousas divertíndose.

- 28 de Decembro: Sales de Nadal.
- 29 de Decembro: Papa Noel Articulado, Boneco Pom-Pom, Adornos para a árbore.



· CINE INFANTIL (30 de Nadal)

Dende as 17´00 h. poderemos asistir de novo á proxección dunha nova película en DVD, esta vez será para nenos-as maiores de 7 anos.



· CURSIÑO DE INFORMÁTICA

Data de comenzo: Venres 7 de Xaneiro de 2011.
Días e horarios de Clase: os venres de 20´30 h. a 22´00 h.
Requisitos: Cada alumno-a terá que traer o seu propio ordenador portátil para recibir a clase.
Precio: 15´00 € socios / 18´00 € non socios
Prazo de inscrición: Ata o 30 de Decembro. Prazas limitadas
Tfno. de información e reservas de praza: 986 58 55 50 ( de 16 h. a 22 h.)