II XUNTANZA EN BANDEIRA

29 de maio do 2010

O 6 de maio de 2010 e ante a falta de interés en xeral da xente pola xuntanza e de que a esas alturas só había apuntados 27 persoas, dediuse suspender definitivamente o evento mui ao pesar da organización. Outra vez será (se hai)

Amigos de Bandeira:

O vindeiro sábado 29 de maio do 2010 celebrarase a II Xuntanza de amigos de Bandeira. O evento celebrarase na carballeira de Silva se o tempo o permite (senon será no pavillón).

Celebrarase unha comida as 14:30 pero antes haberá un pasarrúas con gaiteiros e tomaremos uns viños. Non debemos esquecer que é un día de feira polo que podedes pasar a mañá facendo as compras e mercando o porquiño. O menú consistirá en pulpo, empanada e carne ao caldeiro como e a tradición.

Haberá Karaoke, haberá sorpresas, haberá festa......

Tamén teremos un grupo de música para botar unhas bailas.

O prezo será de 35 € e pódese pagar no nº de conta de Caixanova:

2080 0013 82 0000111440

tendo presente que se debe por no recibo XUNTANZA E O NOME DO QUE PAGA (lembrade de por o nome completo para que non haxa erros). Tamén se poderán mercar entradas na Vinoteca Cadeira e no Bar Arume. Este recibo (o xustificante de ingreso ou a entrada) será o xustificante para asistir ao evento e deberá levarse ese día.

Se queredes aportar algo non dubidedes en escribir e aportar ideas sobre que máis facer esa tarde.

Saúdos da Comisión da Xuntanza