Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  " target="_top">Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Bandeira como páxina de inicio

 

ESMORGA FOLK

 

XVII EDICIÓN (19-8-2005)

Ir a Fotos de ESMORGA 2005

  •  Ruote

O colectivo de música tradicional RUOTE nace no ano 1996 partindo da base dun grupo de recolleita etnográfica que leva traballando dende 1991.

O obxectivo de Ruote é a interpretación fiel das melodías e músicas e por iso trata de amosalos tal cal os aprenderon dos seus informantes. Leva actuando en máis diversos escenarios como festivais de música folk e tradicional, festivais benéficos, concertos didácticos, actuacións en pubs, en distintos medios de comunicación como radio e televisión, etc. Realizou unha viaxe a escocia en 1998 onde gravou o seu primeiro traballo en directo “RUOTE EN EDIMBURGO”. Regresou en 1999 para realizar varias actuacións organizadas polo consulado xeral de España en Edimburgo e en Glasgow.

No 2004 gravaron unha colaboración no último disco de Susana Seivane “Mares de tempo” con un tema cantado que lles valeu para acompañala no escenario no concerto que deu a gaiteira no festival do mundo celta de Ortigueira.

  • Serra-lhe aí

Serra-lhe aí!!! Enxéndrase alá polo ano 1998 cunha vocación tan complexa como agradecida: facer festa. A música é o medio que nos permite transmitir emocións ou invocar recordos de tempos pasados. E precisamente este é o fin que perseguimos no directo. Introducir ao público nunha viaxe polos sentidos e tamén, como non, polas verbenas nas que todos participamos coa mesma ansia: bailar e gozar compartindo soños.

  • Chebbalowski

Cheb Balowske comezaron a tocar polo ano 2000 cando realizaron súas primeira actuacións serias polos arredores de Barcelona.

No 2001 gravan o seu primeiro disco “BARTZELONA” que foi producido por Íñigo Muguruza; as primeiras presentación do disco foron no festival “Altaveu frontera de Sant Boi e Mercat de la música viva de Vic”, ambos en Barcelona.

A xira do seu segundo disco POTINER incluíu arredor de 150 actuacións por toda Europa. Agora acaban de sacar a seu terceiro traballo discográfico PLOU PLOM (musiqueta que enamora). Están a realizar unha xira mundial (Marrocos, Arxelia, Finlandia, Holanda, Xordania ...) e como único concerto en Galiza estarán este ano en Esmorga Folk.

  • Che – Sudaka

Este grupo naceu na praza do Trippi en Barcelona. A primeira formación deste grupo nace na Arxentina (na costa atlántica) co nome de CORRECAMINOS.

No 2003 sae a luz o seu primeiro traballo discográfico TRIPPI TOWM. A RAIZ DESTO Che Sudaka comeza unha xira polo estado español e tamén por Francia, Bélxica, Italia, etc. Co seu segundo traballo ALERTA BIHOTZA (alerta corazón, en euskera). Empezan unha xira europea.

Che Sudaka ven ao Esmorga presentar o seu segundo traballo, ca forza que desprenden nos seus directos poñeralle os pelos de punta a máis dun.

  • Matraca Perversa

Repite este ano no Esmorga este grupo de música galega, que fan o que se lle pode chamar “pachanga da nosa terra”, lembrando as verbenas das primeiras orquestras con ritmos tropicais como podían facer os Tamara, Andrés do Barro, etc.

Este grupo nace na Estrada arredor do 2002, sendo os seus fundadores xente que aprendeu a tocar na escola da Banda de música de Bandeira e tocan na devandita banda. A Matraca Perversa é unha mestura de xente da Estrada, de Compostela e de Bandeira e sacan o seu primeiro CD “MASS –CIRCUS- MASS MEDIA” ca axuda da produtora Projecto Global, co cal conseguen facerse soar por todo o panorama musical e festeiro de Galiza.

Este ano volven ao Esmorga presentando o seu segundo CD “ EVOLUCIÓN@RIOS” , un disco autoproducido.