Inicio  |  Fotos  |  Noticias  |  " target="_top">Libro de visitas  |  Foro  |  Correo  |  Bandeira como páxina de inicio

 

ESMORGA FOLK

XIV EDICIÓN (22-8-2003)

Fotos

  • ARDENTÍA O Grupo de Música Folk-Tradicional "ARDENTÍA" naceu en Outobro de 1990 coa intención de profundizar no estudio da música tradicional galega e incorporar nos concertos outros instrumentos populares menos coñecidos,
    (Trompa, Requinta, Pito, zanfona, Acordeón, Clarinete), asi como cantos
    populares. .A partires desa idea inicial Ardentía foi evolucionando hasta
    convertirse nun grupo que pretende convertir cada actuación nunha festa
    popular. Utiliza para lograr ese fin un repertorio variado, baseado en temas
    populares galegos e temas compostos polo grupo con influencias tradicionais
    galegas, e introducindo as voces como elemento significativo. .Unha das
    contribucións máis significativas da divulgación da música tradicional que
    realiza Ardentía é a dirixida ós alumnos das escolas públicas da provincia
    de Pontevedra nas que, co patrocinio da Excma.  Deputación de Pontevedra, da
    a coñecer o xeito de fabricación e posibilidades sonoras de tódolos
    instrumentos tradicionais galegos. .Con tres discos no mercado, Ardentía
    recibiu multitude de eloxios tanto polo público como pola Prensa
    especializada tanto nacional (Revista Folk Na Gaits, Faro de Vigo, Radio
    Galega, Radio ECCA, Radio Barcelona...) como internacional, que o definen
    como un dos mellores grupos no eido da música tradicional de Galicia. Tamén
    ten recibido diversos premios entre os que destaca o de "Mellor Artista
    Revelación do ano 2000" outorgado pola Televisión de Galicia na Gala Luar
    2000
  • TREIXADURA  Máis alá da enseada de San Simón, sobre os escoadoiros do río Alvedosa, en
    Redondela, hai un vello muíño reconvertido en santuario de viños e
    manxares.Alí, no mes de xullo de 1990, catro gaiteiros decidiron escomenzar
    unha nova andaina na súa carreira musical.
         Estes gaiteiros foron ANTÓN e XAN LÓPEZ, que proviñan dun grupo de
    gaiteiros chamado PASENIÑO, e XAQUÍN XESTEIRA e XABIER MARTÍNEZ, que
    remataban unha etapa na BANDA DE GAITAS DE VILANOVA DE AROUSA.
          Xuntos fundaron o grupo que, máis tarde, chamarían TREIXADURA
    GAITEIROS. No ano 91 sumouse a esta idea RAMÓN VÁZQUEZ ("o Chilro") do grupo
    OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA.
          Logo de dous anos nos que se perfilou a liña a seguir, decidiron
    presentarse ó público o 30 de Xuño de 1992, nun concerto celebrado no seu
    lugar de ensaio, o mesmo muíño que os víu nacer como agrupación. Dende
    entón, o grupo foi rodando por diferentes vilas e cidades de Galicia e
    España, en todo tipo de eventos musicais ou culturais, fundindo voces,
    gaitas e percusións nunha variada gama de ritmos para, así, contribuir a
    manter las melodías coas que, ó longo de tanto tempo, os nosos gaiteiros
    animaron festas e romarías.

    No ano 1995, PABLO NOGUEIRA substituíu a Xabier Martínez e, un ano máis
    tarde, TREIXADURA entra no mercado discográfico cun CD titulado "Obrigado",
    un traballo de recoñecemento e agradecemento ó labor feito polos vellos
    grupos de gaiteiros que nos precederon.
        Cumpríase deste xeito un obxectivo que para o grupo foi sempre unha
    referencia: "Misturar temas sobradamente coñecidos da música galega con
    outros que se tenta rescatar do anonimato, para dalos a coñecer con toda a
    forza e frescura características da nosa música".
      En 1998, Ramón Vázquez decidiu abandoar o grupo para adicarse
    profesionalmente á construcción de gaitas e instrumentos de percusión
    galega. Deixou un baleiro que o grupo encheu coa chegada do acordeonista
    CÉSAR LONGA.
       Deste xeito quedou configurada a actual formación de TREIXADURA
    GAITEIROS.
       Abríuse, así, unha nova etapa que deu como froito un novo CD, gravado en
    1999, que foi titulado "Unha Noite No Muíño".
        A presentación deste traballo levou a música de TREIXADURA ás principais
    vilas e cidades de Galiza, así como a diversos países do estranxeiro. No ano
    2000, a amistade de TREIXADURA con RODRIGO ROMANÍ deu lugar á colaboración
    do grupo en "Albeida", primeiro disco do ex-membro de MILLADOIRO. O grupo
    acompañou durante ese ano ó músico galego na xira de presentación do citado
    traballo.
    Froito desa experiencia foi a idea de fundir o bo gusto de ROMANÍ co
    repertorio que o grupo estaba preparando para un novo proxecto.O resultado
    final foi "Unha Noite non é Nada", último cd editado polo grupo ata o
    momento.
        TREIXADURA GAITEIROS é, hoxe, un espectáculo musical que envolve ó
    público en sons e imaxes ante os que un non deixa de sorprenderse. Valses,
    muiñeiras, foliadas, pasodobles e demáis ritmos da nosa tradición van sendo
    debullados nun ambiente que tanto pode encaixar na romaría máis popular como
    na festa ou evento máis urbán.
  • LEILÍA Baixo a palabra patrimonial Leilía, antigo nome que recibían unhas determinadas coplas populares, nace no verán do 89 unha formación de mulleres, que aposta dun xeito pioneiro e atrevido pola recuperación das vellas raíces, buscando a autenticidade co fin de achegala ós nosos días. Leilía abre un camiño propio ó publicar a mediados dos 90 o primeiro traballo discográfico chamado "Leilía" (Dismedic) composto exclusivamente por cantos tradicionais. Nesta mostra etnográfica as melodías evocan un tempo pasado que, aínda que agonizante, se resiste a esvaecerse. Co paso do tempo a idea de achegar pasado e presente levounos a provocar un xiro na nosa traxectoria. Para Leilía a evolución foi todo un reto, mais o feito viuse consolidado cando nos decatamos, como moi ben dixo Suso de Toro, que sendo fillas desta terra, tamén o somos deste tempo. Así, no ano 98 Leilía concibe "I é verdade i é mentira" (Virgin Records), onde destaca a producción musical de Nando Casal e Antón Seoane, membros de Milladoiro. Aquí, o respecto pola tradición é a nosa "verdade" e as novas incorporacións: polifonías, instrumentos, ... son as pequenas "mentiras" que axudan ó noso cometido. Con este novo paso foron moitas as persoas que se achegaron a un mundo que antes descoñecían, dando así vida ó pasado a través do presente. Este feito é o que nos dá enerxía para seguir polo noso camiño. Neste momento estamos involucradas nun novo proxecto titulado: MADAMA. A aposta actual pasa por crear letras adaptadas ás melodías tradicionais, que falen dos nosos tempos, das nosas vidas, ... De novo é unha aposta pioneira e atrevida, xa que non se estanca, senón que evoluciona somerxéndonos en novos campos, nos que nos resultaría difícil adentrarnos se non fora polas mans amigas, que están sempre dispostas a axudarnos. Así, contamos entre os nosos colaboradores con: Suso de Toro, que adorna coa súa regalía de palabras as nosas melodías. Este destacado escritor, confesounos que cando nos escoitara por primeira vez descubrira en nós ás "Voces Segredas" do "Canto Galego"... Xesús Carballido, que coas súas prestixiosas obras dá carácter e peso á portada e ó libreto do disco .. Deste grande artista hónranos dicir, que dende o principio nos alentou a seguir no noso camiño, vendo antes que ninguén o que a nosa labor de recuperación e difusión suporía para a cultura de raíz ...

Este ano e a terceira edicion do esmorga que estan estas maravillosas pandereiteiras, desta maneira converten a Bandeira como un sitio clave para realizar os concertos dos seus novos discos.

  • A MATRACA PERVERSA  Este é un grupo de msica fusion que nace na Estrada sobre no 2002. Son sobre sete ou oito musicos( depende da variacion dos instrumentos) que ca sua arte de compaxiñar os instrumentos de vento ca percusion e cos instrumentos electronicos fan que a sua musica non te deixe ficar parado un segundo. Grabaron unha maqueta  e saeu a venta en agosto do 2003, con sete temas. Algun musico forma parte da Banda de musica recreativa e cultural da Bandeira, sendo todos los musicos de vento menbros antigamente destadebandita banda.
    Pódese decir que son o grupo revelacion do ano 2003 da musica de fusion, cas suas letras sempre en galego e defensoras da cultura da galiza. Os seus menbros estiveron anteriormente en outros grupos galegos con discos grabados, coma XENREIRA, ou NENOS DA REVOLTA, dando concertos con estes grupos por todo o panorama galego e tamen nos paises catalans, polo que xa contan con unha ampla experiencia no panorama musical e con varios concertos nos seus lombos.
    Este ano estaran con nosco no esmorga como grupo de musica fusion